Características

 
Sociedade con autonomía de xestión e de caracter e capital integramente público

  • Carácter público. Sociedade de titularidade pública e capital integramente público (100% Sergas).
  • Unidades asistenciais integradas nos hospitais do Sergas.
  • Autonomía de xestión. Flexibilidade e axilidade na prestación da atención sanitaria.
  • O paciente como obxectivo prioritario. Organización da actividade ao redor do proceso asistencial.
  • Calidade e mellora continua. Empresa comprometida coa calidade en sentido integral. Todos os servizos de Galaria con certificación de calidade ISO 9001:2008.

CARACTERISTICAS 22.jpg


 
Unidades certificadas ISO 9001:2008
  • Oncoloxía Radioterápica
  • Diagnóstico por Imaxe
  • Medicina Nuclear - Ourense
  • División de Consultoría
  • Servizo de Radiofísica
  • Unidade Técnica de Protección Radiolóxica
  • Unidade PET-CT (Medicina Nuclear de Vigo)
  • Unidade de Radiofármacos PET Galicia
 
caracteristicas 2 - caracteristicas_machine-1030x629.jpg 
 
 
Os Nosos Compromisos
 
Protocolo para resolver situacións de acoso laboral
 
A área de Prevención de Riscos laborais de Galaria conta cun procedemento de actuación ante posibles casos de acoso psicolóxico no traballo, por medio do cal a empresa e os traballadores poden resolver de maneira sistematizada e eficaz calquera situación de acoso laboral.
 
Prevención de riscos laborais
 
Galaria ten contratados servizos de prevención e vixilancia da saúde e conta cun coordinador de prevención de riscos laborais e cun comité de seguridade e saúde que se encargan de promover as accións necesarias para garantir a saúde laboral de todo o persoal.
 
Compromiso coa igualdade
 
A dirección de Galaria fixo patente, mediante unha declaración, o seu compromiso coa igualdade entre mulleres e homes, tanto no desenvolvemento das súas diferentes actividades como no conxunto da sociedade. Este principio de igualdade está presente en todas e cada unha das áreas de actividade de Galaria.
 
Protocolo para detectar e tratar a violencia de xénero na empresa.
 
Galaria é unha das 150 empresas galegas, que xunto con 17 concellos, han subscritos un protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra do traballo.
 
 
4.Caracteristicas.jpg

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio