Diagnóstico por imaxe

 
Técnicas avanzadas de resonancia magnética en hospitais e unidades móbiles

A Resonancia Magnética (RM, MR, ou IRM) é unha exploración que permite obter imaxes anatómicas dos órganos internos do corpo humano, pero tamén estudar diversos procesos fisiolóxicos (vascularización dos tecidos, permeabilidade vascular, espazo extracelular, función cardíaca, fluxos vasculares, ...) ou mesmo cuantificar os metabolitos presentes nun determinado tecido (espectroscopia con RM).
 
Esta técnica non utiliza radiacións ionizantes (raios X) potencialmente prexudiciais para a saúde. Baséase na interacción de ondas de radio (radiofrecuencia) co corpo humano dentro dun campo magnético intenso, producíndose sinais de radio que poden transformarse coa axuda de ordenadores en imaxes. É unha técnica inocua
 
 
diagnostico 2 - punteros-1.jpg 
 
 
​Unha unidade punteira
 
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe comezou a súa andaina en setembro de 1996, e dende os seus inicios distinguiuse pola incorporación de técnicas punteiras en resonancia magnética (RM), que representan un avance para un mellor e máis exacto o mellor diagnóstico e posterior tratamento dos pacientes. De entre eses procedementos avanzados destacan as exploracións de tipo funcional e a aplicación na práctica clínica diaria de biomarcadores facilmente obxetivables.
 
Técnicas avanzadas que realiza actualmente:
  • Estudos de espectroscopia con resonancia magnética (de referencia para toda Galicia) Diagnóstico a nivel molecular que permite o estudo bioquímico do tecido sen necesidade de biopsia
  • Resonancia magnética con perfusión.Resonancia magnética con perfusión. Permite estudar a vascularización dos tecidos e a súa relación coa patoloxía.
  • Estudos de función cardíaca.
  • Emprego xeneralizado da técnica de difusión con RM nas distintas aéreas anatómicas, para valorar a densidade celular dos tecidos e facilitar o diagnóstico de lesións tumorais e a detección precoz de lesións vasculares.
  • Biopsia de mama guiada por RM.
  • RM fetal (referencia para toda a provincia de Pontevedra).
  • RM con sedación/anestesia (referencia para a provincia de Pontevedra).

Pioneros no diagnóstico de cancro de mama con resonancia magnética
 
diagnostico 3 - 16-anos-diagnosticando-cancer-de-mama-web-galaria1-495x400.jpg 
 
 
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe comezou a utilizar a RM para o estudo da mama no ano 2000, unha exploración que está indicada fundamentalmente na estadificación do cancro de mama, para delimitar de forma máis precisa a tumoración e detectar focos tumorales adicionais na mesma mama ou una outra mama, conseguindo unha mellora significativa no manexo terapéutico destas pacientes.
A RM de mama tamén contribúe eficazmente á mellor valoración das pacientes con próteses mamarias, pacientes con mamas densas e alto risco de cancro de mama ou á resolución de dúbidas diagnósticas con mamografía e ecografía, entre outras.
Desde o ano 2009 a Unidade de Diagnóstico por imaxe dispón da imaxe de difusión con RM, que incorporou ao protocolo habitual da RM de mama, con obxecto de incrementar a especificidade da técnica na valoración das lesións mamarias.

Biopsia guiada por RM
 
diagnostico 4 - 16-anos-1-495x400.jpg 
 
 
Dende finais do ano 2011 a Unidade tamén incorporou á súa carteira de servizos as técnicas de biopsia de mama guiada por resonancia magnética, en estreita colaboración coa Unidade de Mama da EOXI de Vigo, sendo de referencia para as provincias de Pontevedra e Ourense.
A biopsia guiada por RM permite que permiten obter tecido suficiente para realizar un diagnóstico histolóxico en lesións mamarias sospeitosas que só se identifican nas imaxes de resonancia magnética, modificando, se procede, a actitude cirúrxica e evitando a ansiedade das pacientes.

Equipos de altas prestacións
 
diagnostico 5 - ordenadores-2.jpg 
 
 
 
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe conta con tres equipos de resonancia magnética de alto campo en Vigo, un deles instalado no Hospital do Meixoeiro, de 1.5 teslas de forza magnética, e dous no Hospital Álvaro Cunqueiro, un de 1.5 teslas e outro de recente incorporación, de 3.0 teslas de forza magnética. Ademais, dispón de dúas unidades móbiles de resonancia magnética, ambas con equipos de alto campo, de 1.5 teslas, que prestan servizo aos sete hospitais comarcais da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Resonancia de 3.0 teslas
 
A resonancia magnética de 3.0 teslas coa que conta este servizo no Hospital Álvaro Cunqueiro está considerada como un dos equipos máis avanzados do mundo, con capacidade para realizar os estudos máis innovadores:
Sinal dixital, situada na propia antena receptora xunto ao paciente.
Transmisión da información por fibra óptica ao computador principal.
Imaxes de maior resolución e calidade en calquera órgano.
Maior facilidade para a detección precoz de múltiples patoloxías, especialmente en pacientes oncolóxicos e neurolóxicos.
Maior resolución nas técnicas de RM funcional avanzadas para o estudo de características metabólicas ou celulares dos tecidos "in vivo".
Deseñada para o máximo confort do paciente.

Telerradioloxía, a través de unidades móbiles
 
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe xestiona dúas unidades móbiles de resonancia magnética, coas que se da servizo aos sete hospitais comarcais de Galicia e a outros centros que ocasionalmente poidan precisas desa tecnoloxía.
Grazas a este sistema de equipos móbiles, calquera veciño do lugar máis remoto da Galicia rural ten a oportunidade de ser explorado a unha distancia razoable do seu domicilio, con equipos avanzados de resonancia magnética e que as súas imaxes clínicas poidan ser valoradas por radiólogos expertos situados a distancia, evitándolle desprazamentos innecesarios.
 
As unidades móbiles prestan servizo habitual a:
  • Hospital do Salnés.
  • Hospital do Barbanza.
  • Hospital de Cee.
  • Hospital da Costa - Burela.
  • Hospital de Monforte.
  • Hospital do Barco de Valdeorras.
  • Hospitala de Verín.
 
diagnostico 6.jpg 
 
 
 
Desde setembro de 2006 beneficiáronse deste sistema de diagnóstico a distancia máis de 10.000 pacientes cada ano, aos que se lles garantiu unha exploración da máxima calidade, realizada evitando outros tantos desprazamentos de pacientes ambulatorios e ingresados, co conseguinte aforro económico e en tiempo; e ganancia en comodidade.
 
Numerosos premios de investigación
 
diagnostico 7 - premio.jpg 
 
 
Nos últimos seis anos, o equipo de radiólogos da Unidade de Diagnóstico por Imaxe recibiu veintiun premios ao seu labor investigador por parte de sociedades españolas e internacionais da especialidade.
 
Entre os recoñecementos recibidos a nivel internacional A Sociedade Norteamericana de Radioloxía (RSNA), o foro científico internacional máis importante no ámbito radiológico, que reúne anualmente en Chicago a máis de 35.000 radiólogos de todo o mundo, premiou por dous anos consecutivos senllos traballos da Unidade de Diagnóstico por Imaxe relacionados co diagnóstico do cancro de mama con resonancia magnética.
Xunto con esas dúas distincións de ámbito internacional, a unidade recibiu ao longo do últimos seis anos premios por diferentes traballos de investigación, outorgados pola Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM) e por parte doutras entidades profesionais de ámbito nacional e autonómico. Outros estudos foron seleccionados para a súa publicación en revistas científicas tan prestixiosas como Radiographics.

A Unidade de Diagnóstico por Imaxe posúe o certificado de calidade ISO 9001, unha acreditación que renovou de maneira ininterrompida ata a actualidade.

Actividade intensiva
 
diagnostico 8 - bebe.jpg  diagnostico 9 - actividad2.jpg
 
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe realiza a súa actividade asistencial en horarios amplos de mañá e tarde e establece quendas especiais de fin de semana ao longo de gran parte do ano para manter a lista de espera nos niveis máis baixos posibles.
Este servizo asume toda a demanda pública da área de Vigo sen derivar a clínicas concertadas destacando pola súa eficiencia e o alto rendemento dos seus equipos, cun elevado nivel de cualificación dos seus profesionais, con dedicación exclusiva á RM.
A Unidade de Diagnóstico por Imaxe atende anualmente a máis de 30.000 pacientes, realizando máis de 40.000 estudos de RM.