Quen somos

 
Galaria é unha empresa pública autonómica do Servizo Galego de Saúde e medio propio instrumental e servizo técnico da Xunta de Galicia

Actualmente Galaria, ademais de prestar servizos asistenciais de alta tecnoloxía, está facultada para desenvolver, executar e explotar infraestruturas sanitarias promovidas pola Comunidade Autónoma de Galicia e para desenvolver actividades de consultoría no eido sanitario, xunto con outros servizos relacionados co ámbito da sanidade.