Servizos relacionados co ámbito sanitario

 
Dosim​etría, deseño de tratamentos, supervisión, control de calidade, precisión e seguridade de equipos que usan radiacións ionizantes.

 
Expertos no manexo e control das radiacións
 
servizo 2 - especialistas.jpg 
 
A especialidade sanitaria de Radiofísica Hospitalaria foi creada en febrero de 1997 por medio dun Real Decreto que supuxo o recoñecemento dunha profesión que ven desenvolvéndose en España desde os anos sesenta.
 
Os especialistas en Radiofísica Hospitalaria realizan, entre outras, as seguintes actividades:
  • Calibración e controis de calidade das unidades de tratamento e fontes radioactivas.
  • Deseño dos tratamento e cálculo das doses recibidas polos pacientes de oncoloxía radioterápica.
  • Controis de calidade do equipamento nos servizos de radiodiagnóstico e medicina nuclear.
  • Protección radiológica no ámbito sanitario, do público, o persoal e os pacientes.
  • Estimación e redución, na medida do posible, das doses de radiación aplicadas aos usuarios por mor das probas diagnósticas e terapéuticas.
  • Formación en protección radiológica previa e continuada ao persoal hospitalario.
  • Atención ás inspeccións, xunto aos responsables de cada instalación hospitalaria, do Consello de Seguridade Nuclear e da autoridade sanitaria competente.
  • Asesoramento sobre especificacións de compra de equipos emisores de radiación, deseño de blindaxes en instalacións, así como aceptación do equipamento de nova adquisición.
 
Labor esencial na posta en marcha de novos equipos
 
O Servizo de Radiofísica e Unidade Técnica de Protección Radiolóxica desenvolve un importante labor de asesoramento aos responsables de servizos, directivos de centros asistenciais e autoridades sanitarias sobre o deseño de futuras instalacións e demais aspectos de calidade, seguridade e protección radiolóxica dos equipos de nova adquisición.
 
Ademais xoga un papel esencial na posta en marcha de novo equipamento tecnolóxico. A instalación de cada novo equipo de diagnóstico ou tratamento emisor de radiacións ionizantes require de complexos labores de adaptación, calibrado e axuste, nas que interveñen os radiofísicos deste servizo, como requisito ineludible para a súa autorización por parte do Consello de Seguridade Nuclear.
 
A partir da súa utilización en pacientes, os equipos 4esixen de medidas de control de calidade e supervisión periódicas que tamén corresponden ao equipo de radiofisicos.
 
Protección radiolóxica
 
De maneira sistemática este servizo ocúpase da:
  • Protección radiolóxica nos servizos de Medicina Nuclear, Radioterapia e Radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
  • Protección radiológica, a través da UTPR, de instalacións de radiodiagnóstico e outros equipios situados en hospitais, ambulatorios, centros de especialidades e unidades de atención primeria do resto de Galicia.
  • Cálculo de tempos de tratamento en radioterapia.
  • Deseño de técnicas de tratamento.
  • Determinación da distribución das doses impartidas ao paciente.
  • Control das fontes radioactivas.
  • Verificación do estado óptimo dos equipos.
  • Verificación e análise da calidade das imaxes e exploracións.
  • Control de calidade de todo o equipamento.
 
Seguridade de usuarios e profesionais
 
O Servizo de Radiofísica e Unidade Técnica de protección radiológica (UTPR) é o responsable da Protección Radiológica no hospital, tanto dos usuarios como do persoal, e ocúpase de estimar e, na medida do posible reducir, a dose de radiación que recibe a poboación como consecuencia de probas diagnósticas.
 
Esta actividade implica:
Deseño das blindaxes estruturais das salas onde se instalan equipos emisores de radiación. 
Xestión de residuos radioactivos e o control da súa evacuación. 
Medición de doses en diferentes lugares e baixo distintas circunstancias. 
Control das doses persoais dos profesionais expostos. 
Estimación sobre os propios pacientes das doses asociadas aos diferentes procedementos diagnósticos e terapéuticos.
 
Preto de mil controis de calidade anuais
 
Anualmente este servizo realiza cerca de mil controis de calidad de equipos que utilizan radiacións e arredor de 250 mediciones de niveles de radiación. Todos os profesionais sanitarios que desenvolven a súa actividade en instalacións controladas polo Servizo de Radiofísica e Unidade Técnica de Protección Radiolóxica, reciben as lecturas dos seus dosímetros xunto con información adicional sobre os límites máximos de radiación e a lexislación sobre a materia.
 
Os profesionais deste servizo desenvolven tamén un amplo labor de formación no ámbito da protección radiolóxica, nos centros onde levan a cabo os controis de calidade dos equipos, tanto de Galaria como do resto do Sergas, co fin de garantir que os traballadores coñezan o correcto manexo desas instalacións, e as medidas para a súa propia protección, tanto no día a día como en hipotéticas situacións de emerxencia.
 
servizo 4 - servicio-de-radiofisica-seguridad-1.jpg 
 
Representantes do Servizo de Radiofísica están presentes no comité de seguridade e saúde como asesores e garantes de que se cumpran as medidas de protección estipuladas, tanto no que compete aos responsables dos servizos como aos propios traballadores.
 
Investigación sobre imaxes funcionais en radioterapia
 
O Servizo de Radiofìsca encabeza, xunto coa Unidade de Oncoloxía Radioterápica, unha liña de investigación sobre o uso de imaxes funcionais para coñecer a resposta dos tumores á radioterapia.
 
O obxectivo último desta actividade investigadora é a progresiva utilización de imaxes funcionais de PET e resonancia magnética con perfusión e difusión, antes, durante e despois do tratamento, para observar a evolución anatómica e biolóxica do tumor, os seus cambios metabólicos, bioquímicos e fisiológicos e, en base a iso, realizar un tratamento o máis personalizado, preciso e efectivo posible en cada paciente.
 
Neste proxecto participan tamén as Unidades de Medicina Nuclear e Diagnóstico por Imaxe, o Servizo de Anatomía Patolóxica do Meixoeiro, o Centro de Supercomputación de Galicia e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo.
 
servizo 5 - servicio-de-radiofisica-investigacion.jpg 
servizo 6 - servicio-de-radiofisica-inmovilizacion-web-galaria1.jpg 
  
 
Sistemas de inmovilización
 
O Servizo de Radiofísica tamén ven participando nos últimos anos nun proxecto centrado no desenvolvemento de dispositivos de inmovilización de pacientes para radioterapia, fabricados con materiais avanzados.
 
A perfecta suxeición dos pacientes de radioterapia ás mesas de diagnóstico e tratamento é esencial para garantir a máxima precisión e seguridade de todo o proceso terapéutico, desde a obtención de imaxes e planificación dosimétrica ata o tratamento propiamente dito no acelerador lineal. A Unidade de Oncoloxía Radioterápica de Galaria xunto co Servizo de Radiofísca levan anos desenvolvendo os seus propios dispositivos de inmovilización, coa colaboración da empresa SIHO, chegando a converterse nun referente dentro da radioterapia española no deseño e fabricación deste tipo de accesorios.
 
De feito, a Unidade de Oncoloxía Radioterápica segue sendo actualmente centro de referencia estatal para o tratamento de nenos con tumores cerebrais, debido especialmente á súa dilatada experiencia nese campo, pero tamén, en boa medida, por dispoñer de sistemas exclusivos de inmovilización para pacientes de pouca idade.