Radiofísicos e médicos nucleares impartirán, o día 25 de maio, un curso de protección radiolóxica para os residentes do CHUVI

Varios radiofísicos hospitalarios pertencentes ao Servizo de Radiofísica, conxuntamente con facultativos de Medicina Nuclear, impartirán o venres, día 25 de maio, no Hospital do Meixoeiro, un curso sobre protección radiolóxica dirixido aos médicos residentes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo
 
O curso terá lugar no salón de actos do Hospital do Meixoeiro, entre las 09:00 e as 13:00 horas e terá tamén apartados de carácter práctico ao longo da xornada que se desenvolverán nos servizos de Oncoloxía Radioterápica, Medicina Nuclear e Radiodiagnóstico.
 
Iniciará as sesións formativas o xefe do Servizo de Radiofísica, Manuel Sargado Fernández, que fará unha Introducción á protección radiolóxica, lexislación e aspectos básicos da mesma, e a continuación intervirán os radiofísicos Benito Andrade Álvarez , Antonio López Medina e Ana García Pérez , xunto coas doutoras do Servizo de Medicina Nuclear Alexandra Renda Alcalde e Belén Aída Núñez De de Oliveira, para abordar os aspectos técnicos da protección radiolóxica nas diferentes unidades clínicas nas que se empregan radiacións ionizantes​

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio