A Empresa

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios SA, é unha empresa pública autonómica ao servizo técnico da Xunta de Galicia. O seu valor engadido é a súa capacidade para desenvolver de maneira integral e transversal calquera proxecto de xestión sanitaria que requira unha ampla abordaxe dada a súa complexidade.


É unha sociedade de titularidade e capital integramente público, que actúa coma medio propio instrumental ao servizo da administración autonómica e dos seus órganos e entidades de natureza pública, para a execución das actividades que lle sexan encomendadas dentro das materias que constitúen o seu obxecto social.
  • Carácter público: sociedade de titularidade pública e capital integramente público (100% Sergas).
  • Autonomía de xestión: flexibilidade e axilidade na prestación da atención sanitaria.
  • Servizo Compartido: unidades asistenciais integradas nos hospitais do Sergas.
  • O paciente como obxectivo prioritario: organización da actividade ao redor do proceso asistencial.
  • Calidade e mellora continua: empresa comprometida coa calidade en sentido integral. Todos os servizos de Galaria dispoñen da certificación de calidade ISO 9001:2015.
A nosa misión

Galaria desenvolve aqueles proxectos que lle son encomendados, segundo a seguinte MISIÓN, que resume a que nos dedicamos:

  1. Colaborar co SERGAS na atención dos pacientes de Galicia nas especialidades:
    • Oncoloxía Radioterápica
    • Radiofísica
    • Medicina Nuclear
    • Resonancia Magnética
  2. Impulsar e promover, en colaboración coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e o resto de axentes do sistema, a aplicación da innovación sanitaria en procesos, servizos e tecnoloxías nos nosos campos de actividade.
  3. Xestionar os centros e/ou servizos que nos sexan asignados pola autoridade competente
  4. Desenvolver, fabricar e distribuír fármacos a diferentes centros sanitarios
  5. Prestar servizos de asesoramento e control de calidade en Protección Radiolóxica
  6. Prestar servizos de consultoría na dotación de equipamento sanitario e xestionar outras solicitudes.

Prestamos os nosos servizos satisfacendo as necesidades transversais do Servizo Galego de Saúde, estando presentes en toda Galicia.Localización Geográfica GALARIA (1).png

A nosa visión

“Converternos nunha organización sanitaria de referencia para o ecosistema sanitario, na prestación dos servizos reflexados na nosa misión, tanto polo noso modelo e capacidade como pola orientación á innovación de produtos, procesos, e servizos, apoiando ao SERGAS e ás Áreas sanitarias na mellora da súa calidade asistencial e nos seus resultados. Todo iso propiciando e facilitando o maior desenvolvemento profesional dos seus integrantes, nun ambiente laboral respetuoso e non discriminatorio."

​​​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser