Compromiso

Galaria é unha empresa comprometida con todos e cada un dos seus públicos de interese en todos as contornas e ámbitos de influencia nos que actúa, tanto internas como externas. Este compromiso xorde dos nosos valores e a nosa cultura:


  1. Máxima aliñación cos obxectivos do Servizo Galego de Saúde
    • Na nosa actividade, guíanos o máximo nivel de cohesión cos obxectivos do Sergas, que compartimos e facemos propios, entendendo que funcionamos coma un axente máis do sistema e con esa orientación á colaboración que nos define.
    • Na xestión:
      • Eficiencia. Definida coma a preocupación por ser eficaces co consumo axeitado de recursos, ser áxiles e resolutivos.
      • Innovación. Actitude da organización que aspira á mellora continua dos seus procesos e servizos, así como a impulsar a innovación e o cambio en sentido amplo de forma interna e tamén externa, cos axentes cos que nos relacionamos.
  2. ​​​​Cara ao paciente e a súa familia:
    • ​​Calidade asistencial cara ao paciente: nos servizos asistenciais, guíanos a máxima calidade asistencial.
    • Humanización: entendendo a humanización como a orientación á persoa como ​protagonista, polo que no noso modelo de atención primarán as relacións interpersoais e a dignidade, o respecto, a propia autonomía, a información e a comunicación, os resultados en saúde e a apertura e acercamento da cidadanía á organización, aos espazos terapéuticos, aos equipamentos e aos procesos asistenciais.
  3. ​Cara ao noso persoal:
    • Formación continuada. Impulsamos a formación continua do noso persoal como base para o bo desenvolvemento da nosa misión.
    • Implicación do persoal. Galaria son as persoas, e entendemos e impulsamos o maior compromiso e implicación entre todo o noso persoal para o bo desenvolvemento dos servizos.
    • Seguridade e prevención de riscos.
    • Detección e tratamento de situacións de acoso laboral.
    • Detección e tratamento da violencia de xénero na empresa.
  4. Cara outros axentes do sistema:
    • Orientación á colaboración con outros axentes relacionados: guíanos o espírito da colaboración con terceiros, a vocación de servizo e de ser útiles. Entendemos o sistema sanitario como unha suma de capacidades de axentes diferentes que, compartidas, mellora o funcionamento do sistema e o seu resultado co paciente.
  5. Cara a sociedade en xeral: en Galaria somos sensibles e conscientes das novas realidades que xorden para afrontar vellos problemas da nosa sociedade e contribuímos no noso ámbito de responsabilidade con tres valores e principios claros:
    • Desenvolvemento Sostible
    • Impulso á economía circular
    • O i​mpulso da transparencia, a rendición de contas ante a cidadanía e a vocación de servizo público constitúen compromisos indisolublemente unidos ás nosas actuacións.
​​Neste senso, os nosos compromisos quedan plasmados no noso propio sistema de xestión:
​​​​​​​​​​​​​​​​
Calidade e mellora continua

O Plan de Xestión da Calidade en Galaria plantéxase coma unha das súas principais estratexias que se proxecta, segundo recolle a súa política de calidade​, a través do desenvolvemento e implantación dun Sistema de Xestión da Calidade, certificado segundo a norma ISO 9001:2015​, orientado a mellorar o seu desempeño global e proporcionar a base para unha actividade asistencial eficiente e segura.

Compromiso coa igualdade

A dirección de Galaria fixo patente, mediante unha declaración, o seu compromiso coa igualdade entre mulleres e homes, tanto no desenvolvemento das súas diferentes actividades como no conxunto da sociedade. Existe así mesmo unha comisión de igualdade.

Prevención de riscos laborais

Galaria ten implantado un sistema de prevención de riscos laborais, contando cun coordinador de prevención de riscos laborais e cun comité de seguridade e saúde que se encargan de promover as accións necesarias para garantir a saúde laboral de todo o persoal, así coma cun servizo de prevención e vixilancia da saúde externo.

Detección e tratamento de situacións de acoso laboral

A área de Prevención de Riscos laborais de Galaria conta cun procedemento de actuación ante posibles casos de acoso psicolóxico no traballo, por medio do cal a empresa e os traballadores poden resolver de maneira sistematizada e eficaz calquera situación de acoso laboral.

Detección e tratamento da violencia de xénero na empresa

Galaria é unha das 150 empresas galegas que, xunto con 17 concellos, subscribiron un protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra do traballo.

Desenvolvemento sostible

Galaria participa activamente na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aos que a Xunta de Galicia pretende dar resposta nos próximos anos, impulsando a Estratexia de Economía Circular do Sergas.

Transparencia e comportamento ético

O impulso da transparencia, a rendición de contas ante a cidadanía e a vocación de servizo público constitúen compromisos fundamentais para Galaria que cristalizan nos correspondentes Códigos de conduta e comportamento ético.

​​
​​​​​​​​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser