O servizo dispón dunha certificación segundo ISO 9001:2015 dende o ano 2002, sendo o primeiro servizo asistencial do Servizo Galego de Saúde (xunto coa Unidade de Medicina Nuclear de Ourense) en acadalo. Dende entón, mantivo unha cultura de mellora continua, enfoque á xestión e control do risco e unha política de permanente innovación, estandarización e homoxeneización, rexistro e revisión de datos e comunicación de incidencias.O equipo ostenta membresías das sociedades e outras organización máis relevantes no seu campo, coma a Sociedade Española de Radioloxía Médica (SERAM), a Sociedade Europea de Radioloxía (ECR) e a Sociedade Radiolóxica de Norteamérica (RSNA).
Realízase unha actividade formativa interna planificada e constante englobando tanto sesións clínicas semanais coma formación de técnicos.