O noso equipo


Galaria conta cun equipo de profesionais altamente cualificados que s​on a súa principal fortaleza. O cadro autorizado supera as 150 prazas, aproximadamente 30 delas en Santiago, 7 en Ourense e 120 en Vigo.

CADRO AUTORIZADO 2023.pngÚnete a nós

Os nosos procesos selectivos para a provisión definitiva de prazas de carácter estatutario atópanse integrados nas Ofertas Públicas de Emprego do Servizo Galego de Saúde; así mesmo, para as contratacións temporais faise uso las listaxes correspondentes aos pactos de selección de persoal estatutario vixentes para as distintas categorías.

En canto á contratación de persoal laboral, Galaria selecciona directamente aos seus profesionais, tanto con carácter fixo, coma temporal, por medio da súa propia lista de contratación temporal.

Galaria é unha organización dinámica, centrada no paciente cun enfoque na investigación e innovación constante. Por iso, estamos abertos á realización de prácticas mediante convenios con distintas organizacións e ofrecemos contratos temporais vinculados aos distintos proxectos específicos que se poidan estar a realizar. Consulta a nosa oferta e as bases dos procesos selectivos abertos.
​​​​​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser