Galaria impulsa e promove a aplicación da innovación sanitaria en procesos, servizos e tecnoloxías, así como o desenvolvemento de proxectos de investigación aplicada que poidan xerar melloras para a atención dos pacientes, a sustentabilidade do sistema e a saúde global.
Para iso, os seus profesionais desenvolven proxectos de investigación coma investigadores de distintos grupos de investigación dos Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia.
Así mesmo, desenvólvense proxectos de investigación e innovación xestionados de xeito directo desde Galaria en colaboración tanto coa Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e o resto dos axentes do Sistema Público de Saúde de Galicia coma con outros organismos de investigación, institucións e empresas nacionais ou internacionais.
Outro xeito de introducir a innovación no sistema é o desenvolvemento de proxectos de posta en marcha de novos servizos para a administración autonómica.