Unidade de Oncoloxía Radioterápica

A oncoloxía radioterápica é unha especialidade médica dedicada aos aspectos diagnósticos, clínicos e terapéuticos dos tratamentos de radiación en pacientes con cancro. Utiliza fundamentalmente raios X de alta enerxía e raios gamma (fotóns de alta enerxía), raios de electróns e outras radiacións ionizantes. Tradicionalmente, esta especialidade e forma de tratamento chamouse radioterapia. Existen diversos tipos, dependendo da procedencia externa ou interna da radiación: radioterapia externa ou teleterapia, radiocirurxía estereotáctica, braquiterapia e novas tecnoloxías coma a protonterapia.

Sobre o servizo

A unidade iniciou a súa actividade en 1997 con 2 aceleradores, e foi renovando e ampliando os seus recursos técnicos ata a dotación actual con catro aceleradores lineais e TAC propio para a obtención de imaxes para planificación e simulación de tratamentos, todo isto conectado a través dunha rede de xestión instrumental, que garante a seguridade e fiabilidade dos tratamentos radioterápicos. Dispón ademáis de quirófano propio para técnicas de braquiterapia de alta e baixa tasa de dose. Foi unha unidade pioneira na posta en marcha de moitas técnicas en distintos eidos coma por exemplo a radiocirurxía infantil, onde tivo liderado nacional dende os seus primeiros anos de funcionamento, cando comezou a diseñar dispositivos especiais de inmovilización para facilitar a protección, o posicionamento e o axuste dos pacientes de pequena talla.

RDC_Hipofisis.jpg
Braqui_cérvix_MRI.jpg

É un servizo clínico que presta atención sanitaria e técnica a pacientes oncolóxicos. Entre os seus obxectivos figura a aplicación de todos aqueles avances que permite a tecnoloxía radioterápica dispoñible para lograr o obxectivo de alcanzar a dose máxima de radiación tumoral, preservando ao máximo as estruturas sas peritumorais e a optimización da calidade en todas as súas actividades. Traballa en coordinación coa unidade de Radiofísica Hospitalaria, responsable da dosimetría individualizada do tratamento de cada paciente e da verificación instrumental. Ademais, dispón dunha psicóloga con consulta na propia unidade, así coma de dúas traballadoras sociais, integradas no proceso de atención.

Ao ter o cancro un tratamento multidisciplinar, este servizo colabora estreitamente con todos os servizos médicos e cirúrxicos do hospital implicados en diagnose e terapéutica oncolóxica, tanto intrahospitalarios como de hospitais que non dispoñen de radioterapia, con mención especial para servizos como Radiodiagnose e Medicina Nuclear, que permiten mellorar a planificación dos tratamentos mediante imaxes de fusión, RM e PET-TC principalmente.

O servizo conta cun acceso directo dende o exterior do hospital, 12 consultas de atención ambulatoria (9 médicas, 1 enfermería, 1 traballadora social, 1 psicóloga clínica), 4 búnkeres de tratamento, 8 vestiarios de pacientes para acceso ás salas de tratamento, radioquirófano e salas de agarda diferenciadas para as distintas etapas do proceso: dúas salas para as consultas, dúas para a área de tratamento con aceleradores e unha sala específica para pacientes pediátricos.

Quen somos

A unidade conta con 14 facultativos especialistas en oncoloxía radioterápica (1 xefe de servizo, 1 xefa de sección), 6 DUE (1 supervisor e 1 coordinadora de pacientes), 4 TCAES, 3 celadores, 26 TER, 4 administrativos, 1 traballadora social e 1 psicóloga.

Grupo_ RTVigo.jpg 

Que facemos

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica realiza máis de 200 tratamentos ao día, que supoñen ao redor de 40.000 sesións anuais de radioterapia, sendo referencia para a Área Sanitaria de Vigo (no caso do sector de Povisa para aqueles procedementos que non se realicen no centro), a Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés e para a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras para aqueles procedementos que non se realicen no CHUOU. Ademais, é área de referencia en braquiterapia endoesofáxica e endobronquial para toda a comunidade autónoma, en braquiterapia de alta taxa para tumores de lingua móbil para as Áreas Sanitarias de Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra-O Salnés e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, e referencia de libre elección para toda a comunidade autónoma en radiocirurxía estereotáxica na neuralxia do trixémino.

Dispón de aceleradores lineais que permiten realizar practicamente todas as técnicas de radioterapia, incluíndo as que se aplican hoxe nos centros de tratamento máis avanzados do mundo: IMRT (Radioterapia de intensidade modulada), IGRT (Radioterapia guiada por imaxes), VMAT (Arcoterapia Volumétrica de Intensidade Modulada), SBRT (Radioterapia Corporal Estereotáctica), TBI (Irradiación Corporal Total) e Radiocirurxía Craneal. Ademais, realiza técnicas de braquiterapia tanto externa coma interna. Isto redunda nun amplo catálogo de servizos.

A nosa tecnoloxía

A tecnoloxía actualmente dispoñible no servizo é a seguinte:

Aceleradores lineais:

  • Varian Vital Beam con multiláminas Millenium 120
  • Varian True Beam con multiláminas HD 120 y ExacTrac de Brainlab para radiocirurxía
  • Varian Clinac con multiláminas Millenium 120
  • Elekta Infinity (Elekta Sinergy con multiláminas Agility de 160 láminas)

Equipos de Braquiterapia:

  • ​Flexitron de Elekta, equipo de braquiterapia de alta taxa con fonte de 192Ir
  • Braquiterapia de baixa taxa para Ca de prostata con sementes de 125I

Sistemas de planificación:

  • ​Eclipse de Varian
  • Elements de Brainlab
  • Oncentra Brachy e Oncentra Prostate de Elekta​​
Onde estamos

Enderezo:

Hospital Meixoeiro, R/ Meixoeiro s/n, 36214 Vigo.

Andar -2 (acceso directo dende Camiño Arieiro).

Horario de funcionamento:

7:30 a 21:30

Liñas de autobús para chegar ao hospital:

Liña 13 Vitrasa

Teléfonos de contacto:

Teléfono xeral: 986811714

Coordinación de pacientes: 986811716

Secretaría: 986810970

Contacto por correo electrónico:

Supervisor de enfermería: manuel.enguix.castelo@sergas.es

Coordinación de pacientes: Isabel.martin.bravo@sergas.es

UnidadeRadioterapia3.png 

​​​​​​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser