Galaria é unha empresa comprometida con todos e cada un dos seus públicos de interese en todos as contornas e ámbitos de influencia nos que actúa, tanto internas como externas. Este compromiso xorde dos nosos valores e a nosa cultura:
O Plan de Xestión da Calidade en Galaria plantéxase coma unha das súas principais estratexias que se proxecta, segundo recolle a súa política de calidade, a través do desenvolvemento e implantación dun Sistema de Xestión da Calidade, certificado segundo a norma ISO 9001:2015, orientado a mellorar o seu desempeño global e proporcionar a base para unha actividade asistencial eficiente e segura.
A dirección de Galaria fixo patente, mediante unha declaración, o seu compromiso coa igualdade entre mulleres e homes, tanto no desenvolvemento das súas diferentes actividades como no conxunto da sociedade. Existe así mesmo unha comisión de igualdade.
Galaria ten implantado un sistema de prevención de riscos laborais, contando cun coordinador de prevención de riscos laborais e cun comité de seguridade e saúde que se encargan de promover as accións necesarias para garantir a saúde laboral de todo o persoal, así coma cun servizo de prevención e vixilancia da saúde externo.
A área de Prevención de Riscos laborais de Galaria conta cun procedemento de actuación ante posibles casos de acoso psicolóxico no traballo, por medio do cal a empresa e os traballadores poden resolver de maneira sistematizada e eficaz calquera situación de acoso laboral.
Galaria é unha das 150 empresas galegas que, xunto con 17 concellos, subscribiron un protocolo para a detección e tratamento na empresa de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra do traballo.
Galaria participa activamente na implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aos que a Xunta de Galicia pretende dar resposta nos próximos anos, impulsando a Estratexia de Economía Circular do Sergas.
O impulso da transparencia, a rendición de contas ante a cidadanía e a vocación de servizo público constitúen compromisos fundamentais para Galaria que cristalizan nos correspondentes Códigos de conduta e comportamento ético.