Moitos dos aparellos (TAC, mamógrafo, radioloxía xeral, arcos cirúrxicos...) que se utilizan para obter a súa imaxe diagnóstica ou que se utilizan como guía nun procedemento intervencionista ao que se someta emiten radiacións ionizantes.
As radiacións ionizantes son radiacións electromágnéticas (a mesma natureza que a luz visible) pero cunha enerxía tal que ao interaccionar coa materia poden producir ionizacións na mesma, é dicir, modificacións tanto a nivel atómico como molecular.
Estas ionizacións poden causar cambios nos tecidos biolóxicos. A exposición en exceso a estas radiacións pode dar lugar á aparición de certos efectos negativos para a saúde.
A relación risco-beneficio que para vostede ten someterse á mínima cantidade precisa para a realización da súa proba é valorada por un facultativo no seu caso en concreto. No caso de que lle prescriba a proba é porque o beneficio para vostede compensa o pequeno risco que leve asociada a proba. No caso de que a proba/procedemento supoña un risco moderado vostede será informado e pediráselle a súa autorización previa.
Existe unha lexislación moi esixente en canto os controis de calidade que teñen que pasar os equipos emisores de radiacións ionizantes para garantir o seu funcionamento en condicións óptimas. Dende o Servizo de Radiofísica realizamos controis de calidade exhaustivos e periódicos ao equipamento, garantindo o seu correcto funcionamento.