Galaria está facultada polo seu obxecto social para desenvolver unha gran variedade de actividades e servizos relacionados co eido sanitario, sempre por encargo do Servizo Galego de Saúde:
- Xestiona a plataforma multiservicio Saúde en Liña, na que se centraliza a cita previa telefónica dos centros de atención primaria de Galicia, que abarca toda a Comunidade Autónoma con cobertura as 24 horas do día, todos os días do ano. Este servizo conta en todo o territorio galego cun sistema automático de recoñecemento de voz (IVR) que, de maneira complementaria cos operadores asignados a este servizo, garante unha resposta inmediata e resolutiva a todas as chamadas que se producen.
- Contribúe na xestión doutros servizos ou organizacións que non posúen estructura de xestión propia, como xeito de mellorar a eficiencia no uso dos recursos. Neste eido, Galaria presta servizos de xestión á Fundación Publica Galega de Medicina Xenómica.
- Galaria participa na sociedade GE Healthcare Unidade Central de Radiofarmacia de Galicia S.L. na que se xestionan e preparan os radiofármacos convencionais que se administran nas unidades asistenciais de medicamento nuclear de Galicia e cuxos laboratorios están situados no Polígono industrial de Ordes.
- Galaria dá soporte ao desenvolvemento e implantación da Estratexia de economía circular do Servizo Galego de Saúde a través da posta en marcha de diferentes iniciativas vinculadas con expedientes de sostibilidade medioambiental no sector saúde, enerxías renovables, melloras de eficiencia enerxética e outros vinculados coa economía circular.