Para profundizar no coñecemento sobre a organización, funcionamento e a actividade desenvolvida por Galaria, pode consultar as memorias anuais de actividade, a producción científica das súas unidades, a documentación societaria e outros documentos de interese recollidos nesta sección.
Memoria anual
As memorias de actividade de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, recollen o labor desenvolvido na última anualidade polas súas diferentes áreas de actividade, xunto cos acontecementos máis salientables protagonizados ou desenvolvidos pola organización ao longo dese exercicio.
Así mesmo, proporciónase un balance global da actividade asistencial da organización e os resultados das enquisas de satisfacción a persoas usuarias e clientes; e relaciónanse outros fitos acadados no ano como a renovación ou consecución de novas certificacións de calidade e os avances en traballos científicos e de investigación.