Proxecto Xedose:
O plan integral de xestión e optimización das exposicións médicas XEDOSE ten por obxecto uniformizar e optimizar as exposicións a radiacións ionizantes nos procesos de radiodiagnóstico e intervencionismo realizados no Servizo Galego de Saúde. Consiste en despregar un software de rexistro e xestión de indicadores dosimétricos que obteña información dos distintos equipos diagnósticos e permita a explotación de datos cos obxectivos de:
- Estandarizar protocolos de adquisición de imaxe en todos os centros da comunidade autónoma e establecer niveis de referencia asociados ao catálogo de exploracións médicas.
- Implantar un programa de optimización de dose.
Con este propósito a Subdirección Xeral de TIC licitou un concurso co obxecto de implantar unha solución comercial de software de rexistro e xestión de dose. A UTPR de Galaria encomendouselle a coordinación da conexión e validación das conexións dos equipos das distintas modalidades de radiodiagnóstico. A día de hoxe conseguiuse a conexión dun gran número de equipos no conxunto do Sergas, que envían ao software de rexistro a información de dose de cada exposición de cada paciente.
Unha vez que cada equipo se atopa conectado ao software de rexistro, un Facultativo Especialista en Radiofísica verifica que os datos recibidos e mostrados polo software son veraces e suficientes. En caso de que se cumplan os requisitos establecidos segundo procedemento establecido, emítese un informe de validación.
Con estas dúas primeiras fases do proxecto os datos de todas e cada unha das exploracións de todos os pacientes sometidos a exploracións ou intervencións radiolóxicas no Sergas en equipos con capacidades técnicas suficientes están dispoñibles para a súa análise.
As fases do proxecto para acadar os obxectivos últimos de optimización e xustificación son as seguintes:
- Análise dos datos: comparación dos indicadores de dose recibidos de cada equipo con niveis de referencia nacionais- europeos, por tipo de exploración ou intervención segundo criterios comúns fixados polo comité de dose centralizado. Esta comparación permitirá situar o uso que se fai de cada protocolo de cada equipo en particular, comparándoo con niveis de referencia publicados. Ata agora comprobábase que o funcionamento do equipo era adecuado en termos técnicos, e que o seu uso nunha mostra escasa de pacientes do protocolo mais utilizado do equipo era adecuado. Por exemplo: para cada equipo TAC tomábanse datos de dose de 10 pacientes con exploracións de TAC de cabeza. Con Xedose estarán dispoñibles datos de dose do total dos pacientes explorados en este TAC en todos e cada un dos protocolos utilizados. Esta potencia permite que a comparación entre distintos equipos do Sergas e con niveis de referencia publicados sexa precisa e fiable.
- Intervención de optimización: estudo das técnicas empregadas nos casos en que o análise o indique conveniente, posta en común cos especialistas en radioloxía-intervencionismo responsables, modificación consensuada das técnicas. En casos nos que a análise antes descrita o indique conveniente porque se atopa un nivel anormalmente alto nalgún protocolo de algún equipo levarase a cabo unha intervención de optimización. Esta pode consistir ou ben na modificación dos parámetros de adquisición ou ben en formación do persoal implicado. Estas intervencións, guiadas polos resultados da análise tenderán a uniformizar os protocolos entre os distintos centros.
- Establecemento de niveis de referencia rexionais. Una vez os datos estén analizados poderanse fixar niveis de referencia de dose por tipo de modalidade e tipo de exploración de maneira precisa e fiable. Con esto Galicia convertirase na primeira comunidade en dispoñer de niveis de referencia propios, que permiten garantir que o nivel de optimización obtido mantense no tempo. Os primeiros niveis de referencia de dose españois dispoñibles foron publicados en 2022.
- Proceso de optimización e control de procesos continuado. O proxecto deberase manter no tempo para garantizar que o nivel de optimización obtido se mantén.