O servizo iniciou a súa actividade no Hospital do Meixoeiro en 1996 realizando a posta en marcha dos aceleradores lineais da unidade de radioterapia.
No ano 2000 o CSN (Consello de Seguridade Nuclear) autorizou o SPR (servizo de radioprotección) para o Hospital do Meixoeiro e os seus centros de saúde, facéndose cargo de todas as funcións recollidas no Regulamento de Protección da Saúde fronte ás Radiacións Ionizantes.
As funcións do Especialista en Radiofísica Hospitalaria (ERH) no hospital están estreitamente vinculadas ás áreas médicas de Radioterapia e Diagnóstico por Imaxe (Medicina Nuclear e Radiodiagnóstico). Cos continuos avances tecnolóxicos e o uso crecente de RR.II. noutros servizos e unidades (Cardioloxía, Urxencias, Quirófanos, laboratorios, etc.), os ERH teñen unha relación cada vez máis estreita cun maior número de servizos e unidades. Ademais das funcións concretas e específicas en cada un destes ámbitos, a ERH é responsable da protección radiolóxica da cidadanía, dos pacientes e dos profesionais expostos.
As funcións e actividades correspondentes dun ERH aparecen expresamente relacionadas en diferentes documentos oficiais:
- Guía da Formación para Especialistas en Radiofísica Hospitalaria do Ministerio de Sanidade e Consumo e do Ministerio de Educación e Cultura.
- Reais Decretos sobre Criterios de Calidade en Radioterapia, Medicina Nuclear e Radiodiagnóstico
- Real Decreto sobre sobre xustificación e optimización do uso das radiacións ionizantes
- Normativa de Protección da Saúde contra rr.ii., sobre Instalacións nucleares e radioactivas e aparellos de raios X para diagnóstico médico.
- Normativa promulgada polo Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
O papel do Especialista en Radiofísica Hospitalaria é fundamental na introdución e na correcta utilización da tecnoloxía que, no ámbito da radiación, se implantou rapidamente nos últimos anos nos hospitais. Así, en radioterapia, a dose depositouse con moita precisión, aumentando a taxa de supervivencia, e no diagnóstico conseguiuse unha mellora da calidade da imaxe e unha redución da dose ao paciente, grazas á funcionalidade dos equipos implicados e os seus coñecementos e control de calidade son tales que permiten a máxima fiabilidade, facendo que o radiofísico sexa un actor clave, así como a introdución de novas aplicacións e técnicas (SBRT, tomosíntese, PET-TC,...). No ámbito da protección radiolóxica, o radiofísico é fundamental para acadar o obxectivo de previr os efectos biolóxicos non desexados das radiacións ionizantes, limitando ao mínimo posible a exposición dos pacientes, do público e dos traballadores realizar controis de calidade máis complexos e sofisticados.