Oportunidade profesional en radiodiagnóstico

Oportunidade profesional en radiodiagnóstico

​GALARIA_DI-español.png

GALARIA, empresa pública de servizos sanitarios, busca un/unha médico/a especialista en Radiodiagnóstico para incorporarse á súa Unidade de Diagnóstico por Imaxe en Vigo (Galicia).

Requisitos:

Título de especialista en Radiodiagnóstico (formación mediante o sistema MIR ou titulación recoñecida polo Ministerio de Sanidade español).

Que ofrecemos?

Condicións laborais atractivas.
Un ambiente de traballo positivo e colaborativo.
A oportunidade de traballar con tecnoloxía avanzada de resonancia magnética no ámbito da sanidade pública.

Interésache?

Para obter máis información sobre as condicións laborais e o proceso de selección, podes contactar connosco no teléfono 986 811 189.

Para presentar a túa candidatura, envía o teu currículo vitae a rrhh.galaria@sergas.es, indicando no asunto «Radiólogo/a – Galaria». Poñerémonos en contacto contigo


Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser