A resonancia magnética é unha proba de diagnóstico que permite obter imaxes de diferentes partes do corpo mediante o uso de campos magnéticos e ondas de radio. Non utiliza radiación, sendo unha técnica versátil con aplicación en todas as localizacións anatómicas. Úsase principalmente para o estudo detallado de áreas ou achados específicos. A duración da proba pode ser maior que nas modalidades de imaxe máis habituais, variando entre os 15 minutos nos estudos máis sinxelos ata os 60 minutos nos máis complexos.
Os dispositivos metálicos (marcapasos, próteses e parafusos metálicos, piercings...) poden xerar distorsións na proba ou lesións no paciente debido ao campo magnético xerado polo equipo. É preciso responder coidadosamente á enquisa ao respecto que lle será entregada e consultar calquera dúbida co persoal.
De xeito xeral, non é precisa ningunha preparación específica se non lle é indicado no momento da cita, se ten algunha dúbida ou non recorda as instruccións que lle facilitaron, contacte con nós.
Cando chegue a zona de espera, agarde a que o personal da unidade saia a buscalo. Dentro da unidade móbil existe un vestiario onde se lle pedirá que cambie a súa roupa por unha bata desbotable e retire tódalas xoias, lentes, audífonos, proteses dentais, fibelas, perforacións corporais e, en xeral, calquera obxecto metálico ou magético que poda portar.
Nalgúns casos para obter imaxes máis precisas pode ser necesario utilizar un contraste, o gadolinio, que lle será inxectado polo persoal na sala de exploración.Neste caso será importante que beba frecuentemente despois da proba para eliminar o contraste máis rápidamente do seu corpo.
O personal axudaralle a deitarse na camilla e colocaralle cerca da parte do seu corpo que ten que ser examina unha bobina receptora necesaria para obter unha boa imaxe. Facilitaranlle a información sobre a duración da súa proba e todo o que vai a suceder durante a mesma. Cando vaia a comezar a toma de imaxes, a mesa desprazarase dentro do aro do equipo lentamente para iniciar a exploración.
É especialmente importante manterse relaxado e inmóbil durante a realización da proba. O equipo emite distintos tipos de sons durante a exploración, non debe intranquilizarse, son normais. O persoal facilitaralle cascos para evitar que lle molesten. Estará comunicado co persoal que o atende en todo momento mediante altofalantes e un chamador.