Información para pacientes da Unidade Técnica de Protección Radiolóxica

Moitos dos aparellos (TAC, mamógrafo, radioloxía xeral, arcos cirúrxicos...) que se utilizan para obter a súa imaxe diagnóstica ou que se utilizan como guía nun procedemento intervencionista ao que se someta emiten radiacións ionizantes.

As radiacións ionizantes son radiacións electromágnéticas (a mesma natureza que a luz visible) pero cunha enerxía tal que ao interaccionar coa materia poden producir ionizacións na mesma, é dicir, modificacións tanto a nivel atómico como molecular.

Estas ionizacións poden causar cambios nos tecidos biolóxicos. A exposición en exceso a estas radiacións pode dar lugar á aparición de certos efectos negativos para a saúde.

A relación risco-beneficio á que vostede ten que someterse coa mínima cantidade precisa para a realización da súa proba é valorada por un facultativo no seu caso en concreto. No caso de que lle prescriba a proba é porque o beneficio para vostede compensa o pequeno risco que leve asociada a proba. No caso de que a proba/procedemento supoña un risco moderado vostede será informado e pediráselle a súa autorización previa.

Existe unha lexislación moi esixente en canto os controis de calidade que teñen que pasar os equipos emisores de radiacións ionizantes para garantir o seu funcionamento en condicións óptimas. Na UTPR de Galaria realizamos controis de calidade exhaustivos ao equipamento dos centros dos Sergas nos que os titulares así nolo encomendan. Coa realización destes controis periódicos garantimos que os equipos funcionan correctamente.

A UTPR Galaria non presta atención directa aos pacientes. Para calquera dúbida ou consulta diríxase o seu médico, el resolveralla directamente ou trasladarannos a consulta se o considera preciso.

​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser