Información para profesionais da Unidade Técnica de Protección Radiolóxica

Se es un/unha profesional do Sergas dalgún dos centros dos que temos encomendadas as funcións de protección radiolóxica e tes algunha dúbida relacionada coa protección radiolóxica ponte en contacto con nós.

Podemos asesorarte en:
  • Aclaracións sobre o Programa de Protección Radiolóxica da túa instalación.
  • Medidas de protección radiolóxica operacional e para os pacientes.
  • Uso e incidencias cos dosímetros personais. (Por favor ponte en contacto con nós ou co teu superior directo se tes algunha incidencia co teu dosímetro).
  • Riscos e precaucións relacionados coas radiación ionizantes durante o embarazo.
  • Acreditación que precisas para traballar con radiacións ionizantes.

Por favor contacta con nós se crees ter detectado algunha situación de risco non controlado derivado do uso das radiación ionizantes no teu eido de traballo.

Calidade

O servizo dispón dunha certificación segundo ISO 9001:2015. Mantén unha cultura de mellora continua, enfoque á xestión e control do risco e unha política de permanente innovación, estandarización e homoxeneización, rexistro e revisión de datos e comunicación de incidencias.

Formación continuada

Os nosos profesionais mantéñense formados mediante un programa de formación interna: seminarios e sesións formativas impartidas polo propio persoal así como mediante a asistencia a cursos e congresos organizados por sociedades científicas de recoñecido prestixio.

Os facultativos especialistas en Radiofísca Hospitalaria da nosa unidade son membros activos da EFOMP (European Federation of Organisations For Medical Physics), da Sociedade Española de Protección Radiolóxica e da Sociedade Española de Física Médica formando parte do grupo de traballo conxunto destas dúas sociedades “Dosimetría en intervencionismo”.

​​​​​
Certificado de calidade

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser