Lorena Boquete, investigadora de Galaria no Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, representa a Galaria como parte do ecosistema galego de biotecnoloxía na misión estratéxica que tivo lugar en Carolina do Norte (EEUU) durante o mes de setembro.
A viaxe, na que se reuniron con actores clave do sector biotecnolóxico, institucións de investigación, goberno local e diferentes empresas innovadoras, tivo como obxectivo explorar oportunidades de investimento e colaboración e fortalecer lazos con entidades de referencia nos diversos campos vencellados á biotecnoloxía, entre eles as terapias avanzadas.
Esta actuación está enmarcada no Plan de Internacionalización de Bioga, alineado coa Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía 2021-2025 impulsada pola Axencia Galega de Innovación e conta co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a través dos programas Galicia Exporta Organismos Intermedios e o Plan Foexga, impulsado tamén coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.