Documentación Societaria

Documentación Societaria

 
​O Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec), actualmente Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, quedou constituido como sociedade pública autonómica adscrita ao Servizo Galego de Saúde, por medio do Decreto 229/1994, do 14 de xullo, de Presidencia da Xunta de Galicia.

 
​Asemade, con data 14 de novembro de 1997 a Xunta Xeral Universal do Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec), modificou os estatutos (Escritura de constitución da Sociedade) no seus artigos número 9, 16, 19 e 20 elevando a público o acordo en escritura pública de data 17 de abril de 1998.
 
Por acordo do Consello de Administración do 30 de xullo de 2008, recollido no Decreto 209/2008, do 28 de agosto, aprobouse o cambio do nome da sociedade, que deixaba de chamarse Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec) para denominarse Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A, ao tempo que se modificaban en parte os seus estatutos, con especial fincapé no cambio do obxecto social.
 
En 2018 Galaria iniciou un proceso de modificación de estatutos para adaptalos á Reforma da Lei de sociedades de capital, introducida pola Lei 31/2014, do 3 de decembro, así como á reforma da Lei de contratos do sector público, introducida pola Lei 9/2017, do 8 de novembro. As modificacións dos estatutos foron aprobadas no Consello da Xunta de Galicia do 29 de maio de 2019. Na mesma data, a Xunta Xeral de Accionistas aprobou as modificacións dos estatutos sociais.   Consecuencia das últimas modificacións e da existencia de múltiples escrituras estatutarias, faise precisa a refundición de todas elas nun único documento.  A Xunta Xeral Universal de Accionistas aproba o texto refundido dos estatutos de Galaria, EPSS, S.A., que quedan redactados  como se recolle na RESOLUCIÓN de 22 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se ordena a publicación da modificación dos estatutos da sociedad mercantil pública autonómica Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. publicados no DOGA de 8 de novembro de 2019.
 
Os novos estatutos definen a Galaria como un medio propio personificado respecto da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico para a execución das actividades que lle sexan encomendadas por esta e polos seus organismos e entidades de natureza pública dentro das  materias que constitúen o seu obxecto social.
 
Memorias anuais
 
 
Documentos administrativos
 
 
Contas anuais
 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde