Oncoloxía radioterápica

 
Radioterapia externa, braquiterapia e radiocirurxía

A radioterapia é un sistema de tratamento oncolóxico baseado no emprego de radiacións ionizantes, que se administra soa ou en combinación coa cirurxía e a quimioterapia
 
Existen diversos tipos de radioterapia, dependendo da procedencia externa ou interna da radiación
 
Na radioterapia externa ou teleterapia, a fonte de irradacion procede dun equipo externo de grandes dimensións denominado acelerador lineal
 
Outro tipo de radioterapia é a braquiterapia, un sistema de tratamento que consiste en levar as fontes radioactivas ata o interior do tumor ou ás súas proximidades, co fin garantir unha actuación directa sobre o volume para tratar.
 
Outra modalidade de radioterapia é a radiocirurxía estereotáxica, un tipo de tratamento con radiacións no que tamén se emprega o acelerador lineal como fonte, pero que incorpora un equipamento específico para lograr unha extraordinaria precisión no feixe radioactivo.
 
 
oncologia 2 oncologia-radioterapica-te-interesa-saber-web-galaria2-1-495x400.jpg 
 
Máis de 2.000 tratamentos de radioterapia novos cada ano.
 
A Unidade de Oncoloxía Radioterápica recibe máis de 2.000 tratamentos cada día, que supoñen ao redor de 40.000 sesións anuais de radioterapia. Para iso conta con catro aceleradores lineais, dous deles de nova implantación, un radioquirófano para braquiterapia de alta e baixa taxa e un sistema de radiocirurxía estereotáxica.
 
 ONCOLOGÍA RADIOTER 1.JPG

 
 
Técnicas avanzadas
 
oncologia 4 - tecnicaavanzada1.jpg 
oncologia 5 - tecniavanzada2-1.jpg 
 
Os aceleradores lineais de que dispón a Unidade de Oncoloxía Radioterápica permiten realizar practicamente todas as técnicas de radioterapia que se aplican hoxe nos centros de tratamento máis avanzados do mundo.
  
IMRT. Radioterapia de intensidade modulada. É unha modalidade avanzada de radioterapia de alta precisión que permite aplicar dose de radiación precisas adaptadas á forma tridimensional do tumor mediante a modulación da intensidade do feixe radioactivo.
 
IGRT. Radioterapia guiada por imaxes. Esta técnica consiste na toma frecuente de imaxes en 3D, antes e durante a administración da radiación, para definir como é e onde se atopa o volume tumoral de cada paciente e en cada momento durante as semanas que dura as sesións, o que garante unha alta precisión e exactitude do tratamento.
 
VMAT. Arcoterapia Volumétrica de Intensidade Modulada. Tecnoloxía coa que o feixe de radiación adáptase á arquitectura do tumor virando ao redor do paciente de forma ininterrompida. Trátase dunha técnica altamente precisa que permite administrar altas doses de radiación protexendo ao máximo os tecidos e órganos sans que circundan o tumor e reducindo ademais de forma notable o tempo total de tratamento.
 
 
Novos Aceleradores
 
oncologia 5 - aceladores.jpg 
 
A Unidade de Oncoloxía Radioterápica incorporou novos aceleradores lineais que permiten realizar tratamentos máis individualizados, precisos e seguros.
Tratamento de tumores de todo tipo de formas e tamaños:
Sistema micromultiláminas de láminas moi finas
Mesa robotizada que permite colocar ao paciente en calquera posición
Seguimento da evolución do tumor durante as sesións e posibilidade de readaptar o tratamento mentres se están realizando.
Uso de imaxes funcionais (RM e PET) no seguimento dos tratamentos.
Axuste da dirección do feixe de radiación ao movemento corporal
Redución do tempo de tratamento
  
 
Centro pioneiro no mundo en radioterapia con parada pulmonar
 
oncologia 6 - pioneros.jpg 
 
Dende 2014, a Unidade de Oncoloxía Radioterápica realiza un procedemento pioneiro no mundo, que permite tratar con radioterapia tumores de pulmón, con altísima precisión, mediante a parada do movemento respiratorio do paciente utilizando circulación extracorpórea.
 
Trátase dunha técnica especialmente aplicable naqueles casos nos que xa non son viables outras opcións incluída a radioterapia convencional, porque xa non é posible comprometer ningún volume de tecido san, debido á mermada capacidade pulmonar do paciente.
 
Na aplicación desta técnica participan as Unidades de Cirurxía Cardíaca, Cardiología, Anestesia, Pneumoloxía e Radiofísica.
 
 
Referencia nacional en tumores cerebrais en nenos
 
oncologia 7 - ref1.jpg 
 oncologia 8 - ref2.jpg
 
Unidade de referencia a nivel nacional no tratamento de tumores cerebrais en nenos, ao dispoñer de dispositivos especiais de inmovilización deseñados na propia unidade. Estes sistemas facilitan a protección, o posicionamento e o axuste dos pacientes de pequena talla aos diferentes equipos nos que necesariamente teñen que situarse para someterse a un tratamento cerebral.
 
NEURALGIA DE TRIGÉMINO
Esta unidade é tamén de referencia autonómica para el tratamiento de las neuralgias de trigémino con radiocirugía.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio