Outros servizos

 
Desenvolvemento, execución e explotación de infraestruturas sanitarias

Plataforma multiservicio Saude en Liña
 
Por encargo do Servizo Galego de Saúde, Galaria xestiona a plataforma multiservicio Saúde en Liña, na que se centraliza a cita previa telefónica dos centros de atención primaria de Galicia, que abarca toda a Comunidade Autónoma con cobertura as 24 horas do día, todos vos días do ano. Este servizo conta en todo o territorio galego cun sistema automático de recoñecemento de voz (IVR) que, de maneira complementaria cos operadores asignados a este servizo, garante unha resposta inmediata e resolutiva a todas as chamadas que se producen.
 
A través do mesmo teléfono tamén existe a posibilidade de reprogramar ou anular citas en atención especializada. Marcando o número de Saúde en Líña, o sistema ofrece a opción de anular ou cambiar unha consulta hospitalaria dunha maneira rápida, evitándolle ao usuario as dificultades de contacto co centro que puideran disuadilo de avisar dá a súa ausencia ou de solicitar cita para outra data máis idónea.
 
ambito 2 - alvarito.jpg 
ambito 3 - WTF.jpg 
 
 
 
Oficina Técnica de Seguimento (OTS) da Plataforma Loxística Integral
 
O Sergas encomendou a Galaria tamén a creación e desenvolvemento da Oficina Técnica de Seguimento da Plataforma Loxística Integral de Servizo Galego de Saúde. Esta oficina ten asignado o control, seguimento, supervisión e coordinación do correcto cumprimento do contrato subscrito entre o Sergas e a entidade adxudicataria da Plataforma Loxística.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio