Un novo equipo mellora a rapidez e seguridade dos tratamentos de cancro con braquiterapia no Hospital do Meixoeiro

A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do Hospital do Meixoeiro acaba de incorporar á súa dotación tecnolóxica un moderno equipo de braquiterapia de alta taxa, que substitúe ao que viña utilizando ata o de agora e que representa un considerable avance na rapidez e seguridade deste tipo de tratamentos contra o cancro. A braquiterapia é un sistema de tratamento con radiacións que permite levar as fontes radioactivas ata o interior do tumor ou situalas moi próximas ao mesmo, polo que se poden aplicar doses elevadas no volume para tratar minimizando o risco para os órganos e tecidos sans do ao redor.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio