Información para profesionais da Unidade de Oncoloxía Radioterápica


Calidade 

O servizo dispón dunha certificación segundo ISO 9001:2015, como consecuencia da súa cultura de mellora continua e enfoque á xestión e control do risco, mantendo unha política de permanente innovación, estandarización e homoxeneización, rexistro e revisión de datos e comunicación de incidencias. 

A isto contribuíu definitivamente o proxecto de informatización total do servizo baseado na súa rede de verificación e rexistro, que permite que o servizo funcione totalmente sen papeis tanto en teleterapia coma en braquiterapia.

Existe unha comisión de garantía de calidade en radioterapia que se reúne periodicamente para revisar e manter actualizada a operativa da unidade. Particípase activamente nas comisións das Áreas Sanitarias de Vigo e Pontevedra.

Así mesmo, os profesionais da unidade son membros activos da Sociedade Española de Radiocirurxía (SER) e de Oncoloxía Radioterápica (SEOR), da Sociedade Europea de Radioterapia (ESTRO), do grupo europeo de investigación en oncoloxía e radioterapia (European Organisation for Research and Treatment of Cancer EORTC) e teñen participado coma revisores na avaliación de proxectos de investigación da Junta de Andalucía, Junta de Castilla y León e do Instituto de Salud Carlos III.

O servizo participou na titoría, auditoría e posta en marcha de servizos noutros países coma Portugal, Panamá e Costa Rica, así coma no grupo de expertos do Ministerio de Sanidade para a prestación de Protonterapia en España.

Docencia e Formación

O servizo está acreditado para a formación MIR, recibindo 2 residentes novos cada ano. Colabora coa escola de enfermería de POVISA impartindo clases teórico-prácticas a Técnicos superiores de radioterapia (TER), así coma prácticas a outras escolas TER do territorio estatal. Así mesmo, participa na formación teórico-práctica do alumnado do grao de Enxeñaría Médica da Universidade de Vigo. 

Como parte do seu programa de formación interna continuada, o servizo realiza periódicamente sesións científicas mediante:
  • ​Sesións bibliográficas (habitualmente IJRO B&P da ASTRO e Radt & Onc da ESTRO).
  • Sesións clínicas de casos ou enfermidades.
  • Sesións de farmacoloxía/novos medicamentos.
  • Sesións especiais de novas técnicas ou tratamentos non farmacolóxicos.

​​​​​​​
Traballa con nós
Certificado de calidade

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser