Información para profesionais da Unidade de Radiofísica e Protección Radiolóxica

Se es un/unha profesional dos servizos dos que temos encomendadas as funcións de radiofísica ou de protección radiolóxica e tes algunha dúbida relacionada coa radiación dos pacientes ou da protección radiolóxica ponte en contacto con nós.

Calidade

O servizo dispón dunha certificación segundo ISO 9001:2015, como consecuencia da súa cultura de mellora continua e enfoque a xestión e control do risco, mantendo unha política de permanente innovación, estandarización e homoxeneización, rexistro e revisión de datos e comunicación de incidencias.

No eido da radioterapia, o servizo implicouse de xeito importante no proxecto promovido polo Ministerio de Sanidade “MARR”, para o desenvolvemento de matrices de risco en radioterapia, así coma na sua evolución posterior para técnicas avanzadas “MARRTA”. O servizo forma parte activa da comisión de garantía de calidade en radioterapia que se reúne periodicamente para revisar e manter actualizada a operativa e os procesos de radioterapia.

Os profesionais da unidade son membros activos da Sociedade Española de Física Médica (SEFM), da Sociedade Española de Protección Radiolóxica (SEPR) , do Colexio Oficial de Física (COFIS), e da European Federation of Organisations for Medical Physics (EFOMP), tendo participado na elaboración en documentos coma as “European guidelines on the Implementation of Council Directive 2013/59/Euratom Requirements for Medical Equipment with Respect to Monitoring and Control of Patient's Radiation Exposures".

O servizo participou na tutelaxe, auditoría e posta en marcha de servizos noutros países coma Portugal, Panamá y Costa Rica.

Docencia e Formación

O servizo está acreditado para a formación MIR, recibindo un residente novo cada ano. Así mesmo, participa na formación teórico-práctica dos alumnos do grado de Enxeñería Médica da Universidade de Vigo.

Os nosos profesionais mantéñense formados mediante un programa de formación interna: seminarios e sesións formativas impartidas polo propio persoal así como mediante a asistencia a cursos e congresos organizados por sociedades científicas de recoñecido prestixio.​​​​

Traballa con nós
Certifidado de calidade

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser