A investigación de terapia CAR fronte a tumores sólidos é unha área de intensa dedicación nos últimos tempos tanto polos enormes desafíos que presenta como polo seu gran potencial. Recentemente un CAR desenvolvido para unha diana concreta, a Claudina (CLDN18.2), mostrou resultados realmente esperanzadores en cancro gástrico, e podería tamén empregarse para aqueles tumores pancreáticos que expresasen esta molécula. É unha proteína sobreexpresada en máis do 80% dos tumores de cancros gástricos, mentres que en cancros pancreáticos exprésano 1 de cada 4 adenocarcinomas pancreáticos ductales. Ademais, en presenza de fármacos como gemcitabina, a súa expresión increméntase. Recentemente inmunoterapias empregando esta diana terapéutica, ben soa ou conxugada con outros fármacos, están a ter resultados moi prometedores en ensaios clínicos, tanto empregando o anticorpo monoclonal anti-Claudina 18.2, como en terapia CAR-T en cancros gastrointestinales, sendo un dos CAR-T que mellor resultado mostrou en tumores sólidos.
Neste proxecto queremos desenvolver un novo candidato que poida ofrecerse aos pacientes a través do centro de terapias avanzadas. Para iso planeamos construír hibridomas secretores de anticorpos monoclonales dirixidos fronte á molécula Claudina 18.2, que poidan ter efecto terapéutico directo (activando complemento, inducindo citotoxicidad dependente de anticorpo e dependente de células). Tras isto identificaranse as secuencias dos anticorpos seleccionados e deseñarase un virus portador de secuencias que permita construír un CAR académico dirixido fronte á Claudina 18.2. Así mesmo, avaliarase posibilidade de combinar este CAR anti-Claudina 18.2 con outros CAR e outras moléculas sobreexpresadas en células tumorales, co fin de deseñar un CAR dual que incremente a súa eficacia anti-tumoral.
Proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través do Programa de Doutoramentos industriais 2022.
