Unidade de Medicina Nuclear

A Medicina Nuclear é unha especialidade que emprega isótopos radioactivos para o diagnóstico mediante imaxes ou para o tratamento de diversas enfermidades. A súa maior vantaxe é a precocidade no diagnóstico, ao detectar en imaxes fenómenos metabólicos ou funcionais antes de que se altere estruturalmente o órgano a estudar.

ImaxesPET800.png 

A variedade de exploracións é ampla, incluíndo patoloxías coronarias, neurolóxicas, endócrinas, renais ou do aparello locomotor, así coma o diagnóstico de enfermidades oncolóxicas.

As técnicas de diagnóstico baséanse en radio-fármacos ou radiotrazadores, substancias que teñen afinidade por un tecido ou órgano e permiten a obtención de imaxes morfolóxicas, funcionais e morfo-funcionais mediante gammacámaras ou tomocámaras. O uso de radio-fármacos en doses máis elevadas pode ser utilizado como tratamento dalgúns procesos inflamatorios, como a artrite; ou ben tumorais, coma o cancro de tiroide.


​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser