Unidade de Medicina Nuclear de Vigo

A Medicina Nuclear é unha especialidade que emprega isótopos radioactivos para o diagnóstico mediante imaxes ou para o tratamento de diversas enfermidades. A súa maior vantaxe é a precocidade no diagnóstico, ao detectar en imaxes fenómenos metabólicos ou funcionais antes de que se altere estruturalmente o órgano a estudar.

A variedade de exploracións é ampla, incluíndo patoloxías coronarias, neurolóxicas, endócrinas, renais ou do aparello locomotor, así coma o diagnóstico de enfermidades oncolóxicas.

As técnicas de diagnóstico baséanse en radio-fármacos ou radiotrazadores, substancias que teñen afinidade por un tecido ou órgano e permiten a obtención de imaxes morfolóxicas, funcionais e morfo-funcionais mediante gammacámaras ou tomocámaras. O uso de radio-fármacos en doses máis elevadas pode ser utilizado como tratamento dalgúns procesos inflamatorios, como a artrite; ou ben tumorais, coma o cancro de tiroide.


Sobre o servizo

Captura.CARDIO.png

O Servizo de Medicina Nuclear é un servizo clínico que lles presta atención sanitaria e técnica a doentes con patoloxía oncolóxica, cardiolóxica, endocrinolóxica, neurolóxica, nefrolóxica, urolóxica, ósea e doutras especialidades. Entre os seus obxectivos figura a aplicación de todos aqueles avances que permiten a tecnoloxía de medicina nuclear dispoñible para a realización de diferentes probas encamiñadas a acadar a maior cantidade de información sobre o proceso dos pacientes ou ben para a aplicación de terapias dirixidas a unha diana biolóxica concreta. Traballa en colaboración cos servizos de cardioloxía e radiodiagnóstico para a realización conxunta de determinadas probas diagnósticas, así como coa sección de radioloxía vascular para certas terapias.

A unidade iniciou a súa actividade no hospital do Meixoeiro no ano 1996 prestando servizo en xornada de tarde nas mesmas instalacións que o servizo xa existente no hospital. No ano 2002 constituíuse a área de servizo compartido de Medicina Nuclear do Hospital do Meixoeiro, ao dispoñer de dúas unidades de xestión diferenciadas, con persoal adscrito a cadansúa, unha dependente do CHUVI (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo) e outra do antigo Instituto Galego de Medicina Técnica, que compartían instalacións e espazos físicos, carteira de servizos única, así como programación e citación compartida independente da área xeográfica de orixe ou exploración solicitada, e con parte do persoal realizando a súa actividade en ambas quendas, independentemente da súa adscrición laboral. Esta situación coma área de servizo compartido perdura a data de hoxe, estendéndose á área de PET, non incluída inicialmente. Así mesmo, compártense as terapias polos facultativos das dúas quendas na Unidade Metabólica, pese a que a xestión depende de Galaria.

ImaxesPET800.png 

A unidade foi renovando e ampliando os seus recursos técnicos ata a dotación actual na que se integran tres gammacámaras SPECT/CT de última xeración, unha ​sala de ergometrías, equipo para captación tiroidea , un equipo PET-CT dixital con CT de 128 cortes e unha área de terapia metabólica con tres habitacións radioprotexidas para o tratamento do cancro de tiroide con Iodo-131 y outras terapias no marco da teragnose (que combina terapia e diagnóstico).

En canto aos espazos físicos, conta con salas de agarda diferenciadas para pacientes non inxectados, pacientes inxectados adultos, pacientes inxectados pediátricos, pacientes ingresados e cinco boxes individuais para pacientes inxectados con radiofármacos PET e sala de espera para familiares de PET e M.N. A chamada faise a través de pantallas de aviso para o PET e M.N.

Así mesmo, o servizo dispón dunha instalación radiactiva autorizada na Unidade de Radioloxía Intervencionista do Hospital Álvaro Cunqueiro, que lle permite realizar novidosos tratamentos baseados en micro-esferas de Itrio-90.

Quen somos

A unidade conta cun total de 19 profesionais, entre os que se contan 8 facultativos especialistas (1 xefe de servicio, 1 xefa de sección), 6 DUE (1 supervisora), 4 TSID, 2 celadores e 2 auxiliares administrativos, aos que se suman os membros con dependencia organiza da Área Sanitaria de Vigo.

VIGO-113MNPET.jpg 

Que facemos

A unidade é servizo de referencia tanto para pacientes pediátricos coma para adultos das áreas xeográficas da súa contorna, superando nalgún destes casos o millón de pacientes de referencia.

Servizo de Medicina Nuclear da A.S.C de Vigo:

  • Medicina Nuclear: Área Sanitaria de Pontevedra e Área Sanitaria de Vigo.
  • Terapia Metabólica: Área Sanitaria de Pontevedra, Área Sanitaria de Vigo e Área Sanitaria de Ourense.
  • PET: Área Sanitaria de Vigo

As gammacámaras e tomógrafo PET dos que dispón o servizo permiten realizar practicamente todas as técnicas diagnósticas que se fan hoxe nos centros máis avanzados do mundo.

A nosa tecnoloxía

Gammacamaras SPECT/CT:

  • Discovery 870 G.E
  • Discovery 860 G.E
  • SIEMENS INTEVO BOLD

Tomografía por emisión de positróns

  • BIOGRAPH VISION 600 EDGE SIEMENS.

Outro equipamento

  • Equipo de captación Tiroidea: Biodex
  • Ergómetro G.E
  • Sonda gammadetectora RadioProt
  • Equipo de ventilación pulmonar Technegas
Onde estamos

Enderezo:
Hospital Meixoeiro, C/ Meixoeiro s/n, 36214 Vigo.
Planta -1 (acceso dende a porta principal).

Horario de funcionamento:
Luns a venres de 8 a 22 horas e sábados de 8 a 14 horas

Liñas de autobús para chegar ao hospital:
Liña 13 Vitrasa

Teléfonos de contacto
Teléfono xeral: 986811174
Coordinación de pacientes: 689 189 386 / 464307
Secretaría: 986811124

Contacto por correo electrónico:
Supervisor de enfermería: ana.cristina.gil.rodriguez@sergas.es

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

Ó servizo da túa saúde

A nosa razón de ser